COMISIÓNS DE SERVIZO NOVAS PRAZAS OFERTADAS
Publicouse a Resolución do 21 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizos de postos de traballo entre persoal funcionario do corpo de Médic@s Forenses.
Solicitantes
Poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que estea en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover, sempre que transcorrese un ano desde a toma de posesión do último posto de traballo obtido, ben por concurso de traslados, ben por ser persoal de novo ingreso.
O persoal funcionario que, á data da publicación desta convocatoria estea desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leve máis dun ano na comisión de servizos ou substitución respectiva.
Prazo e modo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo).
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, de conformidade co artigo 6 da Resolución do 19 de decembro de 2025.
/2026/IMAXES PRAZAS OFERTADAS CCSS/2026-01-21 PRAZAS OFERTADAS CCSS MEDICOS FORENSES_pax 1.jpg)
/2026/IMAXES PRAZAS OFERTADAS CCSS/2026-01-21 PRAZAS OFERTADAS CCSS MEDICOS FORENSES_pax 2.jpg)
/2026/IMAXES PRAZAS OFERTADAS CCSS/2026-01-21 PRAZAS OFERTADAS CCSS MEDICOS FORENSES_pax 3.jpg)
Para ver a resolución completa preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal