COMISIÓNS DE SERVIZO NOVOS POSTOS OFERTADOS

Resolución de 15 de setembro de 2023
Venres, 15 Set 2023

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza

Poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover. O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estea desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Postos de traballo ofertados:

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisionsservizo).

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.

Para cumprir co previsto no artigo 73 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza, as solicitudes irán acompañadas co informe, preceptivo e non vinculante, da persoa responsable do órgano, servizo ou unidade no que se atope destinado o persoal funcionario solicitante. No caso de que o órgano correspondente non emita informe, deberá acreditar que o solicitou.

Ademais, para o caso de que o destino da persoa solicitante radique fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, esta deberá presentar, xunto coa solicitude, o informe favorable do Ministerio de Xustiza ou órgano competente da comunidade autónoma respectiva. De non ser posible, deberá presentar acreditación de que efectivamente o solicitou.

Se queres ver a resolución completa preme no enlace:

Resolución de 15/09/2023

 


Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña: 657768693 - 635607376 cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela: 699 234 284 - cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol: 637 108 945 - cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo: 639 921 202 - 669 557 395 cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense: 636 424 191 - mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra: 646 023 058 - cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo: 669 760 087 - cig.vigo@xustiza.gal