COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 30/06/2026
COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 30/06/2026
Propostas e cuestións remitidas pola nosa organización para ser estudiadas no Comité de Seguridade e Saúde Laboral.
- Cumprimento da periodicidade das reunións do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, que segundo a Lei de Prevención de Riscos Laborais deben celebrarse, como mínimo, cada tres meses.
- Remisión periódica de información sobre a execución das medidas correctoras propostas nos informes do Servizo de Prevención, xa que temos constancia de que moitas delas continúan sen executarse.
- Información sobre as medidas adoptadas tras os accidentes de traballo, especialmente nos casos de caídas, para evitar que volvan producirse.
- Realización de simulacros de emerxencia nos distintos edificios xudiciais de toda Galicia.
- Formación do persoal nos sistemas de detección e protección contra incendios.
- Seguimento das adaptacións de postos de traballo.
- Avaliación dos riscos psicosociais tras a implantación da Lei de eficiencia do Servizo Público de Xustiza.
- Eliminación do cableado situado polo chan en diferentes dependencias xudiciais.
- Reparación da escaleira do anexo da Cidade da Xustiza de Vigo.
- Habilitación de vestiarios para o persoal de seguridade nos edificios xudiciais de Pontevedra.
- Melloras nas salas de autopsias.
- Revisión e mellora da sinalización nos edificios xudiciais.
- Actuacións sobre a climatización en distintos edificios xudiciais.
- Mellora das condicións dos arquivos xudiciais, especialmente os de Santiago de Compostela e Ferrol.
- Información sobre a execución das obras pendentes en edificios xudiciais, entre eles os de Vilagarcía de Arousa e Lugo.
- Revisión dos cadros eléctricos nos distintos edificios.
- Corrección das deficiencias de iluminación, especialmente nos xulgados de Muros e no Rexistro Civil de Vigo.
- Eliminación dos riscos derivados da proximidade de depósitos de combustible, como no edificio xudicial de Vilalba.
- Melloras na sala de vodas do Rexistro Civil de Vigo.
- Adecuación dos aseos da zona de garda da Cidade da Xustiza de Vigo.
- Reparación das escaleiras da praza da Cidade da Xustiza de Vigo para evitar caídas, especialmente durante os meses de inverno.

- Reparación das escaleiras da praza da Cidade da Xustiza de Vigo para evitar caídas, especialmente durante os meses de inverno
Orde do día:
- 1) Actuacións e obras.
- 2) Gas radón.
- 3) Programación de actividades preventivas 2026.
- 4) Aprobación do acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza pola activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral cando estea afectada máis dunha administración pública (Un importante avance conseguido tras a insistencia e o traballo da nosa central sindical, malia as numerosas trabas postas pola Dirección Xeral e o Ministerio).
- 5) Rogos e preguntas.
1) Iniciada a xuntanza a dirección xeral trasladou un documento resume das obras e actuacións realizadas ou en marcha neste momento.
Comentanse tanto as que están agora en execución así como as previstas para 2027. Tamén hai obras menores a executar en 2026. Vaise a licitar o reforzo da seguridade no edificio de Compostela así como arcos detectores de metais para Ribeira, Corcubión, Mondoñedo, O Barco de Valdeorras, Verin, O Porriño, Redondela e Ponteareas.
Licitación da mellora dos sistemas de comunicación para persoas con discapacidade auditiva para todos os tribunais de instancia.
Licitación dos pavimentos e itinerarios do TSXG e da Audiencia Provincial de Ourense.
Vaise a adaptar temporalmente o edificio xudicial antigo de Vigo, na rúa Lalín, 4, como arquivo autonómico. O edificio irase remodelando en base ás necesidades de arquivo que vaian xurdindo, tendo en conta que o Secretario de Goberno indicou nunha instrucción recente que os expedientes de setembro de 2022 en diante non deben estar no arquivo polo papel cero. Irán de momento para alí o arquivo de Tui, Betanzos, Santiago e se falará tamén para trasladar o arquivo de Padrón.
Climatizacións: elaborouse unha guia interna para ter un protocolo de actuación. O servizo de mantemento realizará 3 medicións ao día se a temperatura é elevada e actuarase se as medicións son superiores a 27 graos. Serán ou ben os letrados ou as propias delegacións as que valorarán a realización de ditas medicións ou mesmo a través de queixas sindicais trasladadas polas traballadoras/es. As delegacións terán uns equipos portatiles dispoñibles para as emerxencias.
En Sarría si se vai a realizar a instalación de aparatos fixos de climatización.
Tamén se van poder facilitar outras medidas correctoras como estores ou persianas.
2) En canto ao Gas Radón o Director Xeral desculpouse por tardar tanto en comentar este tema xa que estaban agardando a que as mostras se puidesen facer públicas. De momento están a valorar as medicións e contrastalas cos parámetros de uso das instalacións respectivas. As medidas non son alarmantes nin preocupantes pero aínda non se poden publicar ata ter eses datos de uso das instalacións.
3) Neste punto solicitouse que se fixeran máis simulacros nos edificios xudiciais
4) En canto ao documento remitido polo Ministerio de Xustiza concederase un prazo de 10 días para facer alegacións ao borrador de protocolo conxunto de actuación entre a Xunta e o Ministerio de Xustiza. Este circunscríbese ao protocolo laboral (non se inclúe o acoso sexual). Este avance foi conseguido tras a insistencia e o traballo da nosa central sindical, coas denuncias realizadas ante a Inspección de Traballo, e todo iso malia as numerosas trabas postas pola Dirección Xeral e o Ministerio de Xustiza
En varios:
Cangas, a final de ano retiraranse as lamas que se instalaron nas ventás e levarase a cabo unha nova actuación para reducir a incidencia solar.
Lugo, arranxouse unha das máquinas de climatización, instaláronse 3 ventiladores e pendente un 4º e na Audiencia Provincial tamén se están facilitando ventiladores. Suspendéronse as obras da cuberta para adecuar a rehabilitación á nova instalación de climatización.
Caldas de Reis, xa ten en marcha as obras de eficiencia enerxética.
Vilagarcía de Arousa, o proxecto inicial previsto de ampliación da superficie dos andares non se vai a executar e neste momento, debido a que o terreo anexo non pode ser facilitado para a construcción dun novo edificio xudicial, estase a proxectar o incremento dun andar máis en altura ao actual edificio.
En la Audiencia de Pontevedra falta por realizar a obra de mantemento orzamentada.
Pediuse a realización de informes psicosociais para os tribunais da fase I e concretamente neste momento para Vilagarcía e Ponteareas.
Vestiarios para persoal de seguridade de Pontevedra, xa están previstos para facer na entreplanta do edificio da Parda. Vai facerse un vestiario para homes e outro para mulleres.
Aseos xulgado de garda de Vigo, estase a estudar o uso dos aseos previstos para o persoal. En canto a escaleira do edificio anexo e as escaleiras da praza da Cidade da Xustiza proximamente se executarán ditas actuacións; solicitudes ambas realizadas pola CIG.
Porto do Son, tal e como xa contemplamos nunha denuncia realizada polo noso sindicato, hai medidas de prioridade 4 que hai que acometer e falta de extintores.
Solicitouse que cada certo tempo se nos pasen as medidas executadas e se estableza un sistema de informacion máis periódico.
Solitouse información sobre si se levaron a cabo medidas correctoras cando hai accidentes profesionais ou caidas rexistradas nos edificios xudiciais.
Tribunal de Instancia de Ortigueira, informamos que se debe de actuar de forma prioritaria xa que existe unha situación de estrés térmico.
Solicitouse a revisión da cobertura de telefónia móbil nos calabozos de Vigo.
Teletraballo, vai seguir igual sen regularse realmente ata que o sistema actual este consolidado e funcionando dun xeito máis confiable.
O protocolo de acoso sexual e o plan de igualdade vaise retrasar ata despois de rematar coa bolsa de interinos.
Solicitouse que os informes se revisen e se adopten as medidas correctoras suxeridas polo servizo de prevención e que non ocorra que entre os distintos informes realizados de cada poboación ao longo dos anos non se teña corrixido ningunha deficiencia. Unha das máis recorrentes é a ausencia dos letreiros nos ascensores de non usalos en caso de emerxencia (non hai orzamento nin para uns simples letreiros adhesivos).
Comentouse a solución de cambiar a orientación das mesas do decanato Pontevedra pola protección de datos.
Tamén se indicou que progresivamente se irían cambiando as luminarias do edificio da Parda de Pontevedra.
No caso das solicitudes de adaptacións de posto pediuse a coordinación entre Vitaly, a Dirección Xeral e os letrados/as directoras para concretar máis as tarefas a poder realizar polo persoal que solicitou dita adaptación.
Sala de vodas de Vigo solicitouse o arranxo das humidades así como a posibles caídas que se puideran producir en ditas instalacións.
Rexistro civil de Vigo valorar a instalación dunha fiestra ou un sistema de ventilación debido ao olor dos libros do rexistro así como ver os cegamentos por problemas da luz tal como consta nos informes de prevención.
Faranse novas edicións dos cursos de desfibriladores.
Continuaremos esixindo que todas estas cuestións sexan atendidas pola Administración e que se adopten as medidas necesarias para garantir unhas condicións de traballo seguras e saudables para todo o persoal da Administración de Xustiza.
Para descargar a folla informativa completa preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal