CÓMPUTO DOS SERVIZOS PRESTADOS COMO INTERINA/O - CONCURSO DE TRASLADOS FASE I NUMO

Martes, 03 Feb 2026

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse no día de hoxe a seguinte información:

Segundo a Base Terceira da Orde PJC/1253/2025, do 27 de outubro, pola que se anuncia o concurso de traslados ordinario FASE I NUMO, os servizos prestados en calidade de persoal funcionario interino computaranse a efectos da súa valoración como mérito para a adxudicación dos postos de traballo anunciados.
En base a iso solicitáronse das Comunidades Autónomas transferidas e das Xerencias Territoriais de Xustiza os devanditos servizos.
Polo anterior publícanse os servizos prestados en calidade de interino do persoal funcionario que participou no presente concurso.
Eses servizos refírense ao Corpo para o que concursan.
No caso de que non estean de acordo cos servizos como persoal interino, deberán realizar unha alegación e presentar un certificado de servizos previos nos correos electrónicos que se indican a continuación, dependendo da Comunidade Autónoma na que estean destinados como persoal funcionario titular, que é a que figura na columna CORPO PARA O QUE CONCURSA dos devanditos ficheiros:

Baleares: ​​​​ gerenciajusticia.baleares@mju.es
Castela A Mancha: personal.albacete@mju.es
Burgos: personal.burgos@mju.es
Estremadura: personal.extremadura@mju.es
Murcia: personal.murcia@mju.es
Ceuta: gerencia.ceuta@mju.es
Melilla: habilitacion.malaga@mju.es
Órganos Centrais: gerenciaoc.personal@mju.es
Valladolid: personal.valladolid@mju.es
Canarias: rrhh.justicia@gobiernodecanarias.org
Andalucía: rrhh.oficinajudicial.ctrjal@juntadeandalucia.es
Comunidade Valenciana: ​concursosjust@gva.es
Cataluña: seleccioprovisio.aj.justicia@gencat.cat
Aragón: personal.justicia@aragon.es
A Rioxa: dg.justicia@larioja.org
Navarra: seccion.personal.justicia@navarra.es
Asturias: justicia@asturias.org
Cantabria: justiciapersonal@cantabria.es
País Vasco: persoal_jus_provision@euskadi.eus
Madrid: gestionpersonaljusticia@madrid.org
Galicia: ​servizo.persoal.xustiza@xunta.gal

O prazo para solicitar a corrección é de CINCO DÍAS HÁBILES a contar desde o día seguinte á súa publicación na web (3 de febreiro) debendo indicar no asunto do correo o seguinte:

Comunidade Autónoma na que prestan servizos actualmente en propiedade_Corpo para o que participan_NIF.

Exemplo: GALICIA_TRAMITACION_XXXXXXXXX

* Non están reflectidos os servizos prestados referidos á Comunidade Autónoma de Canarias, os cales se incorporarán cando se reciban, e daráselles o prazo correspondente desde a súa publicación.

Para ver os servizos prestados nos corpos respectivos preme nas ligazóns:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal