
COMUNICADO CONXUNTO SOBRE MODIFICACIÓN ORDE DO DÍA XUNTANZA 24 DE MARZO

As organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA, UGT, CSIF, CIG e CCOO, ESIXEN Á DXX A MODIFICACIÓN DA ORDE DO DIA DA MESA SECTORIAL CONVOCADA PARA O VINDEIRO LUNS 24-3-2025, onde a orde do dia sexa únicamente:
Negociación dun incremento do CAT/CE que remate nun Acordo para o desenvolvemento da nova oficina xudicial.
Ante a convocatoria de Mesa Sectorial para o vindeiro 24 de marzo cunha orde do día froito da decisión unilateral da Dirección Xeral de Xustiza, a pesares de que tódalas organizacións sindicais, con representación na Administración de Xustiza de Galiza, presentamos escrito onde faciamos constar o noso compromiso a negociar as RPT da nova oficina xudicial, que xurde coa implantación da fase I dos Tribunais de Instancia, así como as RPT das oficinas de xustiza no municipio e as do Rexistro Civil, pero non antes de acadar un Acordo en materia retributiva que incremente o CAT/CE,como se ten feito na inmensa maioría das Comunidades Autónomas e polo propio Ministerio de Xustiza para o territorio que xestiona, queremos lembrar que ditos Acordos se negociaron e se asinaron con moitísima antelación á negociación das RPT e incluso á propia aprobación e publicación da Lei Orgánica 1/2025 de 2 de xaneiro, de medidas en materia de Eficiencia do Servizo Público de Xustiza.
Os e as funcionarias de Galiza non merecen menos, nin hai xustificación para que se lles faga esperar máis tempo por esa suba retributiva, que nalgúns territorios levan dous anos cobrando, por isto entendemos urxente a negociación do incremento do CAT/CE, e co gallo de chegar a un Acordo rápido e previo as negociacións das RPT, pensamos que esa negociación debe ser preferente, exclusiva e excluínte, para que ese pacto chegue con antelación suficiente que permita negociar as RPT con anterioridade dabondo a posta en marcha da nova oficina xudicial.
En base ó anterior, solicitamos a modificación da orde do dia da Mesa Sectorial convocada para o próximo luns día 24 de marzo, e polo tanto, ademais da aprobación da acta da sesión anterior, que sólo figure o seguinte punto na orde día:
- Negociación dun incremento do CAT/CE que remate nun Acordo para o desenvolvemento da nova oficina xudicial na Administración de Xustiza de Galiza.
Ante a proximidade da data de implantación da fase I dos Tribunais de Instancia, e no caso de non chegar a un Acordo o vindeiro luns, vemos apremiante a convocatoria consecutiva de cantas mesas de negociación sexan necesarias ata chegar a un Acordo,sempre con carácter previo a calquera outra negociación, incluídas as RPT.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal