COMUNICADO DE SOLIDARIEDADE COAS COMPAÑEIRAS DO SCACE DA CORUÑA E DENUNCIA DO AVOGADO XAIME DA PENA.

Venres, 11 Xul 2025

Este mércores estaba convocado o lanzamento dunha vivenda na Coruña, mas finalmente o desafiuzamento foi suspendido pola comitiva xudicial, unha xestora e un auxilio, ao presentarse na hora sinalada no lugar indicado para executar o mandamento e non atoparse o cerralleiro, polo que non podían acceder a abrila porta. Cando neste caso, é a parte quen ten que poñer os medios necesarios para a súa execución.

Debido a decisión de pospoñer o desafiuzamento pola ausencia do cerralleiro, o avogado da propietaria, Xaime da Pena, púxose a discutir coa xestora xudicial e o auxilio de moi malas maneiras, até o punto de mandar gravar os medios de comunicación a escena que estaba a desenvolverse cando a comitiva xudicial acababa de manifestar que non se gravase ali.

A Confederación Intersindical Galega de Xustiza quere mostrar o apoio ás funcionarias do Servizo Común de Actos de Comunicación, que cumpliron en todo momento co seu deber e dentro da legalidade, e denunciar as prácticas que vén desenvolvendo este letrado Xaime da Pena en plan mediático, filmando, ao persoal funcionario tanto dentro dos edificios dos xulgados coma fóra, coma neste caso. Feitos semellantes xa foron denunciados pola CIG-Xustiza ante o Xuiz Decano noutra ocasión, sen que tivera ningunha consecuencia para él. Denunciamos de novo o proceder deste avogado e solicitamos que se tomen as medidas oportunas por quén corresponda.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal