
CONCURSO ABERTO PARA 2026 - DATA DE RESOLUCIÓN DO CONCURSO ACTUAL

Segundo o indicado hoxe polo Ministerio de Xustiza, a Administración ten a intención de implantar o concurso de traslados aberto a partires de xaneiro de 2026.
O formato habitual nas Administracións onde existe ese tipo de concurso é que se piden polos/as interesados/as, en calquera momento, as prazas ás que se quere acceder e, igualmente, se poden ampliar ou eliminar as prazas que están solicitadas ata o momento establecido para a resolución, que podería ser cada tres meses ou no tempo fixado pola Administración. Finalmente adxudícanse as prazas como nun concurso normal, en función das peticións que cada un/ha ten gravadas no sistema e as vacantes existentes.
En todo caso o formato final e concreto do citado concurso aberto será fixado polo Ministerio de Xustiza nos vindeiros meses, indicando a plataforma que se vai a empregar para realizar as solicitudes, os prazos establecidos para as mesmas e o tempo de resolución.
Tamén se informou que a resolución do actual concurso de traslados está prevista para a segunda quincena de abril.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal