
CONCURSO DE TRASLADOS 2023

Publicouse no BOE e no DOG de data 9 de outubro de 2023 concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 10 AO 24 DE OUTUBRO
As funcionarias e os funcionarios participantes poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I, sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes reúnan as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria e que os manteñan todos ata a resolución definitiva do concurso, sen ningunha limitación por razón da localidade de destino.
As ditas vacantes identificaranse polo número de orde do órgano xudicial. Coa soa solicitude do número de orde dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas vacantes anunciadas para ese número de orde do corpo existentes no dito órgano e, así mesmo, todas as súas posibles resultas, naqueles casos en que se anuncien.
Tamén poderán solicitar as prazas que queden vacantes como consecuencia da resolución deste concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas, salvo que estean ocupadas por persoal funcionario titular adscrito provisionalmente, que se pretendan amortizar en virtude de proxecto de modificación do cadro de persoal orgánico, redistribución ou reordenación de efectivos, ou cando a dotación asignada a un órgano xudicial se encontre sobredotada por un ou máis funcionarios/as titulares, casos en que non se xerará ningunha resulta correspondente ás prazas do corpo de que se trate. Tampouco producirá resulta o persoal funcionario que, estando a ocupar unha praza como adscrito provisional, participe neste concurso e obteña unha praza con carácter definitivo.
Poderanse solicitar intercaladas vacantes e resultas.
As funcionarias e os funcionarios participantes deberanse asegurar de que os números de orde de convocatoria que especifiquen na súa instancia se corresponden cos publicados para este concurso, tanto no anexo I como nas resultas, co fin de evitar que se indiquen outros códigos correspondentes a outros concursos.
Neste concurso xeral anual e a resultas, o número máximo de órganos xudiciais que se poderá solicitar entre prazas vacantes e resultas non poderá superar os 200 números de orde, entendendo que cada número de orde comprende todas as vacantes anunciadas e as posibles resultas, se for o caso, do órgano xudicial de que se trate.
Poderase admitir a renuncia á participación no concurso, e para este efecto terase como prazo ata o último día de presentación de alegacións á resolución provisional, naqueles casos debidamente xustificados.
As funcionarias e os funcionarios dos corpos ou escalas de xestión, tramitación e auxilio só poderán participar, para o mesmo corpo ou escala en que están en activo, se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreu un período de dous anos desde que se ditou a resolución pola que se convocou o concurso de traslados en que o persoal funcionario obtivo o seu último destino definitivo no corpo ou escala desde o cal participa, ou a resolución en que se lle adxudicou destino definitivo, se se trata de persoal funcionario de novo ingreso. Para o cómputo dos anos, considerarase como primeiro ano o ano natural en que se ditaron as resolucións de que se trate, con independencia da súa data, e como segundo ano, o ano natural seguinte.
Baremos:
1. Antigüidade. Polos servizos efectivos prestados como funcionario/a de carreira no corpo ou escala para o cal participa outorgaranse dous puntos por cada ano completo de servizos e computaranse proporcionalmente os períodos inferiores (0,00555556 por día). Para estes efectos, os meses consideraranse de trinta días e valorarase ata un máximo de 60 puntos.
2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia das comunidades autónomas. Nas prazas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, o coñecemento oral e escrito da lingua galega, debidamente acreditado por medio de certificación oficial da Comunidade Autónoma, ou a homologación do título achegado e do nivel a que corresponda o título, supón o recoñecemento, só para estes efectos, de ata doce puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado, nos termos seguintes:
1) Certificado Celga 4 ou equivalente: catro puntos.
2) Curso medio de linguaxe xurídica galega: oito puntos.
3) Curso superior de linguaxe xurídica galega: doce puntos.
A achega de documentos acreditativos do coñecemento de idioma realizarase nos casos previstos no punto 3.6 do Manual do asistente de inscrición.
Todas as solicitudes dos modelos V1, V2 e V3 se confeccionarán de forma telemática a través do asistente de inscrición.
Todas as persoas interesadas, deberán encher a solicitude por medios telemáticos entrando na web do Ministerio de Xustiza, no seguinte enderezo:
Unha vez que entren na dita páxina, premerán na ligazón que aparece nela co nome «G.T.A. Concurso de traslados», entrarán no asistente de inscrición e o sistema guiaraas na confección da solicitude seguindo as instrucións que se lles irán indicando; para este efecto deberán consultar o Manual do asistente de inscrición web publicado na dita páxina e, se teñen algunha dúbida, poden chamar ao teléfono de atención ao usuario 913 90 46 05.
Dentro do período de inscrición pódense xerar e confirmar tantas instancias como se desexe, tendo en conta que só terá validez no concurso a última instancia presentada.
O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade da funcionaria ou funcionario, de oito días hábiles se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días hábiles se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma de Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, casos estes en que será dun mes tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe como se é o de destino.
Informamos tamén que hai unha praza de xestión na Mutualidade da Coruña, que por pertencer ao territorio ministerio non aparece nas listaxes da Comunidade. Por ese motivo esta praza ten unhas retribucións distintas, cun CAT menor e sen complemento por Traxectoria.
Premendo nos enlaces podes acceder a máis información:
Manual Asistente de Inscripción Web
Xestion Vacantes Definitivas Galiza
Tramitación Vacantes Definitivas Galiza
Auxilio Vacantes Definitivas Galiza
Resultas Galiza Xestión, Tramitación e Auxilio
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal