CONCURSO DE TRASLADOS 2023 PUBLICADO NO BOE A RELACIÓN PROVISIONAL DE PRAZAS ADXUDICADAS

BOE de 13 de febreiro de 2024
Martes, 13 Feb 2024

Orde PJC/110/2024, do 8 de febreiro, pola que se resolve provisionalmente, apróbase a relación de persoas excluídas e anúncianse os lugares onde están ao dispor dos interesados/as os anexos III, do concurso de traslado entre persoal funcionario dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/1102/2023, do 27 de setembro, e Resolucións das Comunidades Autónomas.

O Ministerio acorda poñer a dispor dos/as interesados/as na páxina web do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes (www.mjusticia.gob.es), o seguinte:

– A relación de excluídos/as, coas causas de exclusión.

– O aplicativo informático a través do que se poderá visualizar os Anexos III cos datos persoais dos/as concursantes, a baremación realizada, o destino de orixe, os postos solicitados e a praza adxudicada provisionalmente, no seu caso.

– A relación en orde alfabética de adxudicacións.

Para visualizar o Anexo III podémolo facer a través da seguinte ligazón: ANEXO III

Para reclamacións dispoñemos dun prazo de dez días hábiles. A reclamación terémola que facer usando o Anexo IV, que podemos atopalo na seguinte ligazón: ANEXO IV

Unha vez cuberto o Anexo IV, deberemos asinalo, acompañando a documentación que creamos oportuna. Todo iso escanearse e enviarase nun único ficheiro, a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, indicando na mensaxe, no apartado «Asunto»: APELLIDO1_APELLIDO2_NOMBRE_ALEGACIONES.

De non reclamar no prazo establecido, enténdese que mostramos a nosa conformidade coa baremación e o destino provisionalmente adxudicado.
 
Ao tratarse dun concurso para resultas, os destinos provisionalmente adxudicados poden sufrir variacións na resolución definitiva como consecuencia das posibles rectificacións que se poidan producir na baremación das instancias. En calquera caso, os destinos adxudicados provisionalmente non supoñen dereito a resolución definitiva do concurso.
 
Para acceder a resolución completa  PREME AQUÍ
 
O seguimento da convocatoria telo  AQUÍ

Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal