CONVOCADAS PROBAS DE AVALIACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

Venres, 11 Abr 2025

Hoxe publicouse no DOG a Resolución de 4 de abril de 2025 pola que se convocan as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de Iniciación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galiza.

Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 22 de abril de 2025.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.

Calendario das probas

As probas de certificación presencial desenvolveranse segundo o seguinte calendario.

Estas probas terán lugar nas dependencias das aulas EGAP/Amtega de cada localidade, nos días e horas que se relacionan, e co número de prazas dispoñibles que se corresponden coa capacidade de cada aula.

Accede na seguinte ligazón a resolución completa publicada no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250411/AnuncioO150-040425-0002_gl.html


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal