CONVOCATORIA CURSO ACTIVIDADES FORMATIVAS EN COMPETENCIAS DIXITAIS

Mércores, 23 Abr 2025

Publícase no DOG resolución do 10 de abril de 2025 pola que se convoca un curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de iniciación, na modalidade de teleformación titorizada.

O obxectivo é obter a certificación galega de competencias dixitais, regulada polo Decreto 123/2021, de 2 de setembro (DOG número 181, do 20 de setembro), no seu nivel Iniciación, tras a adquisición, mediante a superación dun curso na modalidade de teleformación titorizada e avaliación continua, dos coñecementos, destrezas e actitudes necesarios no ámbito dixital e a súa posterior avaliación.

Número de prazas: 300

Duración: 250 horas lectivas

Modalidade: teleformación titorizada con aproveitamento activo e avaliación continua, a través da plataforma de teleformación da rede CeMIT. 

Datas de realización: desde o 26 de maio ata 28 de decembro de 2025, como máximo.

Solicitudes de participación

1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o cal é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Consulta a continuación a resolución completa publicada no DOG:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal