CONVOCATORIA CURSOS DE AUTOFORMACIÓN EGAP 2026
A Escola Galega de Administración Pública convoca 15.400 prazas distribuídas nas 77 actividades correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
Probas de avaliación:
Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e acadar un certificado de equivalencia. Matrícula: desde as 9 horas do 21 de abril de 2026 ata as 14 horas do 27 de abril de 2026. O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar limítase a catro.
Inscrición para o acceso aos contidos:
O acceso aos contidos poderá solicitarse, a través da área de matrícula, dende o 28 de abril ata o 30 de decembro de 2026. Cada persoa determinará libremente o número de contidos nos que se queira inscribir e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas. O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin dá dereito á expedición dun diploma.
Matrícula nas probas de avaliación e no acceso ós contidos: https://egap.xunta.gal/matricula/
Para ver a resolución completa preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal