CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CELGA 1, 2, 3 E 4

Venres, 07 Mar 2025

Publicouse no DOG do 07/03/2025 a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

Localidade

Nivel

Santiago de Compostela

Celga 1

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Ponferrada

-

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Madrid

-

Celga 2

Celga 3

Celga 4

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL500C&ano=2025&numpub=1&lang=gl

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, serádo 10 de marzo de 2025 ata o 28 de marzo de 2025.

Para máis información preme na ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250307/AnuncioG0766-030325-0001_gl.html


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal