CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS COMDIX NIVEL DE INTERMEDIO

Martes, 06 Mai 2025

Hoxe publicouse no DOG a resolución do 25 de abril de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel Intermedio.

1. As probas desenvolveranse os días 18, 19 e 20 de xuño de 2025.

2. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.

Itinerario formativo

1. Para a preparación das probas de certificación de nivel intermedio ponse ao dispor do usuario, como material de apoio, o programa de autoformación conformado por un itinerario formativo composto por 5 cursos.

Curso

• Consulta e xestión da información dixital

• Comunicación e colaboración

• Creación de contidos dixitais

• Benestar dixital: seguridade e privacidade

• Contorna dixital e resolución de problemas

2. O acceso aos contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal

Solicitudes de participación e prazo de inscrición

1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. Os datos persoais cos que a persoa se inscriba na páxina web da Rede CeMIT serán os que se tomen de referencia para emitir as certificacións e durante todo o proceso de selección. A Amtega non se fai responsable da emisión de certificacións con datos incorrectos por erros na inscrición ás probas.

4. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

5. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, e serán excluídas automaticamente aquelas persoas que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.

6. Unha vez que finalice o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base cuarta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídas.

As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia para participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal.

Para consultar a resolución completa accede na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250506/AnuncioG0177-280425-0003_gl.html

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal