CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CELGA 2, 3 E 4

Mércores, 16 Set 2026

Publicouse no DOG do 16 de setembro a  RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid e terán lugar os días 14, 15, 21 e 22 de novembro, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL500C), que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de QUINCE (15) DÍAS HÁBILES (ata o 7 de outubro), que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Para ver a resolución completa preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cigxustiza.acorunha@gmail.com
  • Compostela:
    604 042 377
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal