
CONVOCATORIA DE PROBAS PARA O CERTIFICADO DE IDIOMA GALEGO CELGA 2, 3 E 4

Publicouse no DOG do 12/09/2025 a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).
Persoas destinatarias: As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
Localidade |
Nivel |
||
Santiago de Compostela |
Celga 2 |
Celga 3 |
Celga 4 |
Ponferrada |
Celga 2 |
Celga 3 |
Celga 4 |
Madrid |
Celga 2 |
Celga 3 |
Celga 4 |
As sedes e os horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.
Para ver a resolución completa preme na seguinte ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal