CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA OBTER O CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (Rede CeMIT)
Publicouse no DOG do 16/01/2026 a RESOLUCIÓN de 7 de xaneiro de 2026 pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis de iniciación e intermedio, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2026.

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización de cada prazo de inscrición indicado na táboa anterior.
Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
Os datos persoais con que a persoa se inscriba na páxina web da Rede CeMIT serán os que se tomen de referencia durante todo o proceso de selección para a participación nas probas e a posterior emisión das certificacións. A Amtega non se fai responsable da emisión de certificacións con datos incorrectos por erros na inscrición ás probas.
O prazo de inscrición correspondente a cada convocatoria, que figura na taboa arriba indicada, e terá unha duración de dez (10) días naturais contados desde a data de inicio do prazo. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Para máis información preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal