CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE LIBRE DESIGNACIÓN - SUBDIRECTOR/A IMELGA A CORUÑA
Publicouse no BOE e no DOG do 9 de febreiro a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca, para a provisión polo sistema de libre designación, o seguinte posto de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia:
Nome do posto: subdirector/a.
Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.
Localidade: A Coruña.
Código do posto: XG9251820015001310.02.
Corpo: médico forense.
Forma de provisión: libre designación.
As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e o posto a que aspiran, no prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.
Canda a solicitude deberá achegarse un currículo e a documentación acreditativa dos requisitos exixidos e dos méritos alegados para o posto solicitado.
Igualmente, xuntarase á instancia unha memoria asinada na cal, nunha extensión non superior aos 10 folios, o/a candidato/a realizará unha análise das tarefas do posto solicitado e das condicións e medios necesarios para o seu desempeño, e fará constar, así mesmo, propostas de mellora no desenvolvemento das funcións e todas aqueloutras cuestións que o/a aspirante considere de interese ou importancia con base na descrición das funcións do posto.
Para ver a resolución completa preme na seguinte ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal