
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE POSTOS POR CONCURSO ESPECÍFICO FASE III

No DOG do 18 de setembro publicouse a Resolución do 8 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan para a provisión, polo sistema de concurso específico, postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa, e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.
A Resolución do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, acorda o deseño e a estrutura da oficina xudicial para os tribunais de instancia e os tribunais colexiados, de conformidade coas previsións contidas na Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza.
Presentación de solicitudes e documentación
As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo III desta resolución.
O prazo de presentación será de CINCO DÍAS HÁBILES, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria.
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.
Para ver a resolución completa e a solicitude preme nas seguintes ligazóns:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal