CORRECCIÓN ERROS DO CONCURSO E MANTEMENTO DA DATA DE PUBLICACIÓN - INSTRUCIÓNS CESES E TOMAS DE POSESIÓN

Luns, 27 Abr 2026

O Ministerio confirmou que, despois de correxir os 5 erros detectados no concuso de traslados, mantense a publicación definitiva do mesmo para o vindeiro 5 de maio.

A Xunta, pola súa banda, publicou as instrucións sobre ceses e tomas de posesion derirvados da resolución definitia do concurso de traslados convocado pola Resolución do 27 de outburo de 2025.

Documentación e trámites necesarios:

  1. Persoal procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia
    • Fotocopia do DNI
    • Cese
    • Certificado ou copia dos trienios recoñecidos
    • Certificado de servizos prestados: anexo I
    • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria onde conste o nº de afiliación da Seguridade Social (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de MUGEJU
    • Certificación das vacacións e días de asuntos particulares gozados no ano 2026 na Administración da que procedan. A certificación deberá indicar os días de vacacións e asuntos particulares correspondentes a 2025 que, no seu caso, estean pendentes de desfrutar por razóns xustificadas.
    • Modelo 145 (IRPF)
  2. Persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia
  3. Persoal que obtén destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

O persoal que obteña un novo destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento, deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario.

Tamén deberá facer entrega desta no caso de non ter que formalizar cesamento algún por reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos.

Así mesmo, no caso de contar coa tarxeta de identificación especial por razón do destino que viña desempeñando, deberá devolvela ao servizo de persoal correspondente.

Teléfonos das habilitacións (departamentos territoriais):

  • A Coruña: 981 182 571
  • Lugo: 982 294 311
  • Ourense: 988 386 012
  • Pontevedra: 986 817 003

Para acceder as instrucións  e as fichas de datos preme nas seguintes ligazóns:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal