CURSOS DA EGAP DIRIXIDOS PARA PERSOAL DE XUSTIZA 2026

Luns, 16 Mar 2026

No Diario Oficial de Galicia do 16 de marzo, publicouse a Resolución de  convocatoria das actividades formativas da EGAP para o ano 2026 dirixidas ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. 

Poderá participar nas actividades formativas convocadas mediante esta resolución o persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo de matrícula comeza o 17 de marzo, ás 9.00 h, e remata o 23 de marzo, ás 14.00 h.

Para máis información preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal