CURSOS DE FORMACIÓN PARA OFICINAS DE XUSTIZA NO MUNICIPIO

Luns, 16 Mar 2026

O pasado 12 de marzo abriuse o prazo de inscrición das sesións de capacitación telepresencial dirixidas ao persoal das oficinas de xustiza nos municipios (OXM) tipo A - fase III dos municipios do Pereiro de Aguiar, Allariz e Barbadás, no marco da implantación da Lei orgánica 1/2025 e do novo modelo organizativo NUMO.

Nestas sesións presentaranse os medios tecnolóxicos dispoñibles nas OXM e o seu uso no traballo diario, incluíndo formación específica sobre a recepción e devolución de exhortos desde unha OXM mediante HIJWEB e PORTASINATURAS. As OXM son un servizo esencial para achegar a xustiza á cidadanía e garantir unha atención de proximidade. Por iso a participación nesta formación é moi importante para consolidar este novo modelo de funcionamento.

Se non podes asistir nas datas recomendadas para o teu municipio, podes reservar praza noutra sesión dispoñible.

Para máis información preme na seguinte ligazón da INTRANET:

https://intranet.xustiza.gal/-/aula-telepresencial-numo-nas-oxm-tipo-a-fase-iii-en-pereiro-de-aguiar-allariz-e-barbadas-medios-tecnoloxicos-e-xestion-de-exhortos-con-hijweb-e-portas?inheritRedirect=true&redirect=%2Finicio


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal