
CURSOS PREPARATORIOS PARA O OBTENCIÓN DO CELGA 2, 3 E 4

Poblicouse no DOG do 07/02/2025 a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral da Lingua convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras accederen á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral da Lingua unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición.
O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles (ata o 28 de febreiro de 2025), que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Para ver a resolución completa preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal