CURSOS SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN, PROTECCIÓN DE DATOS E ADMÓN.ELECTRÓNICA
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca formación sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos dirixida ao persoal ao servizo da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional e do persoal ó servizo da Administración de xustiza de Galicia.
Persoas destinatarias: persoal ao servizo da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo, (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 6 de marzo de 2026 ata 14:00 horas do 13 de marzo na área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula/).
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
Para ver a resolución completa preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal