DATA DE PUBLICACIÓN DA NOVA ORDE REGULATORIA DO PERSOAL INTERINO E TRASLADO DO BORRADOR DA CONVOCATORIA

Martes, 10 Mar 2026

A Dirección Xeral de Xustiza remitiu, para alegacións, o borrador da convocatoria da bolsa de persoal interino. O prazo para facer achegas é ata o próximo venres 13 de marzo ás 14:00 h. A dirección xeral vai darlle prioridade á publicación e resolución da convocatoria dado que as bolsas actuais están esgotadas, o que dificulta enormemente a cobertura das prazas por ausencia do titular ou no caso de vacantes.

En canto á Orde que regula a bolsa, a data de publicación no DOG está prevista para o próximo martes 17 de marzo. Respecto da súa tramitación a Orde atende ao establecido na LOFAXGA, con negociación sindical en mesa sectorial do 17.01.2024, 23.05.2024, 17.07.2024 e 4.02.2025. No portal de transparencia no apartado normativa en tramitación, foi publicitada durante o período comprendido entre o 16.10.2024 e o 24.10.2024. O texto conta cos informes favorables do Consello Xeral do Poder Xudicial, da DX de Promoción da Igualdade, da DX de Emprego Público e Administración de Persoal, da DX de Orzamentos e Financiamiento autonómico e por último da Asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia. O retraso na aprobación da Orde entre o inicio do expediente e súa aprobación final estivo condicionado polo desenvolvemento da Nova Oficina Xudicial.

Para ver o proxecto de bolsa de persoal interino preme na ligazón:

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/pendente-de-aprobacion/-/nt/0746/proxecto-orde-sobre-seleccion-nomeamento-persoal-interino-para-cubrir-postos


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal