
DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CELGA 2, 3 E 4

Publicouse no DOG do 28 de outubro a RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024 (código de procedemento PL500C).
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
16 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
17 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
23 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
24 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.
Os centros de realización das probas serán:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10).
– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n)
As probas comezarán ás 9.00 horas, de modo que as persoas admitidas deberán pre- sentarse no centro que lles corresponda con antelación suficiente. Na web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias) tamén se poderá consultar esta información, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade
Para máis información preme na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241028/AnuncioG0766-211024-0003_gl.pdf
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal