
DENUNCIA POLO DETERIORO DAS PERSIANAS DE CANGAS

Despois da visita efectuada por a Central Sindical CIG, a os Xulgados de Cangas, DENUNCIAMOS a situación que viven os funcionarios do xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2- xurisdición civil, debido ao calor extremo.
A letrada deste xulgado no seu día solicitou que se cambiaran as persianas xa que están rotas, así como que non funciona o mecanismo de subida e baixada das mesmas, entrando o sol directo e sufrindo os funcionarios un calor insoportable a hora de traballar, o que produce unha falta de rendemento, deshidratación e dor de cabeza.
Ante todo isto, por parte deste sindicato chamamos ao persoal de mantemento, co fin de informarnos porque non foron substituídas, trasladándonos que soamente faltaba o visto bo da administración para poder poñer unhas novas.
E por iso que solicitamos desa Xefatura Territorial atenda a petición en base as medidas preventivas dos traballadores ante altas temperaturas nos postos de traballo, lei 31/85 de Prevención de Riscos Laborais, así como ao Real Decreto 486/1997 disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo (a este RD, se lle engadiu unha nova Disposición adicional en 2023 ao publicarse o Real Decreto-lei 4/2023 entre otras cuestións para abordar a prevención de riscos laborais en episodios de elevadas temperaturas).
Ligazón escrito presentado:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal