DENUNCIA SOBRE A PROBLEMÁTICA DA IMPLANTACIÓN DA FASE I EN VILAGARCÍA DE AROUSA
O pasado 16 de outubro visitamos o Tribunal de Instancia de Vilagarcia de Arousa, a fin de comprobar o estado de implantación da Fase I da nova Lei de Eficiencia. Os problemas detectados, que case son extrapolables ao resto de partidos xudicias onde se levou a cabo a Fase I, concrétanse na falta de organización, de previsión e de medios por parte da Administración Autonómica.
Por todo iso dirixímoslle ao Director Xeral de Xustiza o seguinte escrito de denuncia:
"Desde a Central sindical CIG, DENUNCIAMOS a situación vivida polo Tribunal de Instancia de Vilagarcía, en relación á organización da Fase I da lei de eficiencia.
A Letrada directora estableceu que o 1 de setembro do ano en curso, tiña que estar todo organizado nos servizos comúns correspondentes, co que isto ia supoñer de cambiar de andar, mover expedientes, etc, sen saber o persoal onde sentarse. En xullo xa os traballadores/as lle comentaran que isto tiña que facerse de xeito progresivo e con tempo, ao cal se fixo caso omiso, ademais de que o cambio coincidiu co período de vacacións tanto das letrados/as, como de gran parte do persoal funcionario.
A falta de organización e a presíon para ter todo feito nunhas datas concretas, xerou conflitos xa mesmo entre os propios traballadores/as, así como a falta de previsión na propia organización. Así é o caso que no tribunal de instancia de Vilagarcía, no servizo de garda, faltaban equipamentos imprescindibles para realizar a súa función e, a día de hoxe, carece dunha mesa e equipo informático para o terceiro funcionario que compón o equipo de garda, así como que na sala de exhortos falta o monitor, teclado e ratón e non funciona o sistema de vídeo, etc.
Así mesmo, compre un aparato de gravación para o servizo de garda, que xa se pediu por parte deste sindicato a subdirección de medios.
Co cambio, se lles ordenou aos funcionarios dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio xudicial, a realizar tarefas de traslado físico de expedientes xudiciais entre diferentes plantas do edificio, entendendo que esta labor, de carácter
claramente auxiliar, non se atopa dentro das funcións dos diferentes corpos, recollidas no Art. 475 e seguintes da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPJ), así como o Real Decreto 1601/2005, polo que se aproba o Regulamento de ingreso,
provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, onde se detallan que as funcións do persoal deben axustarse ao corpo ao que pertencen. Neste caso debería terse previsto a
colaboración dun servizo de mudanza para o día concreto en que se quería empezar co cambio. Se isto mesmo o extrapolamos as grandes vilas, xa temos o caldo de cultivo para que o persoal ubicado nos edificios xudicais das sete
grandes cidades se negue a realizar ditas tarefas.
Tamén cabe sinalar que para a celebración de vistas, incluso de xuízos rápidos, ten que baixar ademáis do persoal do corpo de Auxilio un funcionario/a do corpo de Tramitación para recoller o acta do xuizo, contando como se conta hoxe en día co sistema de gravación. A todo isto engádes que a Xuiza do antigo xulgado nº 1 segue minutando a man no canto de facelo a través do aplicativo Minerva, e cunha letra totalmente ilexible.
Tampouco entendemos que habendo un xuíz bis de reforzo non se aumentara o cadro de persoal polo menos en dous tramitadores máis.
En xeral detéctase unha falta de organización e de uniformidade no traballo; a modo de exemplo, no corpo de Auxilio, pasa coas licenzas de enterramento no que persoal deste equipo si as realiza e outro persoal non. Tamén hai un
problema co programa Fidelius pois teñen que meterse todos os datos no programa en lugar de recuperalos de Minerva, co risco de que no caso de meter mal un dato logo non se pode ver a gravación.
É por todo isto que poñemos estas circunstancias no seu coñecemento, co fin de que se tomen as medidas oportunas en prol dunha mellora nas condicións dos traballadores/as do Tribunal de Instancia de Vilagarcía de Arousa".
Para ver o xustificante de presentación do escrito preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal