DENUNCIAMOS AS EIVAS DAS INSTRUCIÓNS DITADAS PARA A OFERTA DE PRAZAS DE XESTIÓN EN ADSCRICIÓN TEMPORAL

Luns, 08 Xul 2024
Por parte da CIG trasladóuselle a Dirección Xeral de Xustiza que, en primeiro lugar entendiamos que o documento publicado debería de térsenos remitido antes, posto que na única xuntanza que mantivemos sobre este tema, quedaramos de trasladar posibles cuestións problemáticas que se detectaran (nós remitimos algunhas) e loxicamente analizar e depurar a posible instrución que se ia dictar sobre este particular ou que se ia remitir ao Ministeiro para a súa inclusión na oferta de prazas correspondente. Lonxe de disto, a administración, sen previo aviso, comunica as instrucións que vai a aplicar neste caso, sen dar tempo a formular alegación ningunha ás mesmas.
 
De seguido, comunicamos as eivas que teñen ditas instrucións, para o coñecemento de todas as implicadas/os e, pedimos a administración que, antes da publicación da oferta de prazas, corrixa as mesmas e se adapte as normas vixentes.
 
1) As afectadas/os pola adscrición temporal non poderán participar en todos os procesos de dotación temporal de prazas, porque as resolucións que os regulan o impiden, ao requirirse estar en postos definitivos.
2) Non se poden pedir mais de 200 postos, por limitacións do propio concurso, polo tanto existe un impedimento matemático para pedir todas as vacantes e resultas.
3) Non pode aplicárselle o da concesión dunha nova adscripción, posto que este suposto non se cotempla no artigo 28.2 do regulamento orgánico. A administración está obrigada ademais a darlle unha praza do seu ambito. O unico "castigo" existente no citado artigo 28.2 e que, se a/o interesada/o non participa no concurso adxudicaráselle unha praza calquerda de todo o territorio español.
4) O último parágrafo da instrución e contradictorio, posto que o primeiro concurso que se convoque será no que teñen que participar obrigatoriamente, polo que non rixe en ningún caso o prazo de conxelación. O do prazo de conxelación sería para o seguinte concurso que se convocara despois do concurso no que estiveran obrigados a participar, e iso non queda claro no parágrafo citado.
5) Tampouco se indicou nada sobre se, no concurso obrigatorio o persoal que no seu día foi interino poderá empregar a súa antigüidade para obter destino, co cal pode producirse unha disriminación entre as/os 18 candidatas/os, xa que non adquirirán mellor destino definitivo pola súa puntuación no proceso selectivo se non por que uns terán antigüidade como persoal interino e outros non.
6) En ningún caso se pode establecer a obriga de solicitar so as vacantes e posibles resultas dunha provincia. En todo caso terían que ser as vacantes de todo o ámbito de Galiza, co limite de 200 peticións establecido na resolución de convocatoria do conscurso
7) Tampouco se pode pasar á situación de excedencia se non se participa, posto que o que establece o artigo 28 é outra penalización totalmente diferente, como é o de ser adxudicatario de calquera outra praza do territorio español.

Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal