DESPROPÓSITO TOTAL NA DIRECCIÓN XERAL NOVA CORRECCIÓN DE ERROS NO CONCURSO DE TRASLADOS

Resolución do 27 de setembro da Dirección Xeral polo que se elimina unha vacante das xa ofertadas
Martes, 17 Out 2023

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.

Eliminar a seguinte vacante do anexo I, páxina 56249, por estar cuberta por unha persoa funcionaria titular:

Nº ORDE: 10023

DENOMINACIÓN:  Xulgado de Paz de Cambre (A Coruña)

CORPO: Xestión Procesual

DESPROPÓSITO TOTAL NA DIRECCIÓN XERAL

Nas últimas semanas a Dirección Xeral está a tomar unha serie de decisións incomprensibles por arbitrarias ou por contrarias á normativa vixente. Ademais de denotar en ocasións unha clara mala xestión das cuestións de persoal. Aí vai unha listaxe dalgunhas delas:

- Publica unha listaxe de vacantes a ofertar no concurso de traslados e días despois modifícaas quitando prazas que quedaron vacantes a resultas do anterior concurso para ofrecelas ás persoas que teñan aprobadas as oposicións; a razón dada era que non tiñan suficientes. Xa esta organización sindical preguntara mesmo no Ministerio polo elevado número de prazas para a OPE, pero recibimos a resposta de que esa fora a previsión da DX. Mala previsión e mala xestión.

- Retira 27 prazas do corpo de auxilio do concurso que agora non oferta aos/as aprobados/as, quedando esas prazas sen cubrir polo menos ano e medio e privando a persoas titulares de ocupalas definitivamente.

- Modifica as prazas do concurso argumentando que hai un titular pero non aclara que é porque se equivocaron sacando unha praza de xestión nun xulgado de paz cando era a de secretaría a que está vacante e vai quedar sen cubrir outro ano polo seu erro. Ademais, non inclúe outras prazas, como algunha xubilación ou praza en adscrición que non incluíron.

- Aproveitando o cambio de plataforma, non renova a autorización do teletraballo a algún persoal baseándose en normativa inexistente.

- Aplica distintos criterios á hora de adxudicar substitucións.

- Cubre con persoal interino prazas que normativamente teñen que ir a substitución ou comisión de servizos unicamente porque é menos traballo, privando do seu dereito ao persoal titular interesado nelas.

A CIG quere denunciar este xeito trapalleiro de traballar, o que se xunta cun menosprezo ás aportacións da parte sindical, derivando en graves prexuízos para o persoal. Nin collen o teléfono, nin convocan mesas nin parecen ter interese en saber como funciona esta Administración.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal