
EGAP CURSOS DE IDIOMAS PARA A ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 26 de febreiro 2024.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/ matricula> dende as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización.
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.
Cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado na modalidade de teleformación e non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
Durante o prazo de presentación de solicitudes, todo o persoal que desexe solicitar algún dos niveis das actividades de lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa impartidas na modalidade de teleformación terá dispoñible unha proba de nivel orientativa.
Da totalidade das prazas convocadas para xustiza correspondenos un dez por cento.
As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.
O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase o día seguinte ao do remate do prazo de matrícula e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.
Se queres coñecer a listaxe de cursos ofertados PREME AQUÍ
Para coñecer a resolución completa PREME AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal