EGAP WEBINARIO SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Resolución do 4 de outubro de 2023 pola que se convoca o webinario Intelixencia Artificial para a modernización dos sistemas de selección e xestión de persoal
Venres, 13 Out 2023

A EGAP convoca, no marco do Ciclo de conferencias sobre «Presente e futuro do emprego público na Administración post-COVID», o webinario Intelixencia Artificial para a modernización dos sistemas de selección e xestión de persoal.

O obxectivo principal deste webinario é reflexionar acerca da conveniencia de incorporar a intelixencia artificial nos procesos de selección e xestión do persoal empregado público co fin de axilizar e aumentar a eficiencia destes, subliñando a necesidade de que a dita incorporación se realiza sempre tendo en conta os riscos propios da automatización de procesos e respetando os principios propios con base nos cales debe desenvolverse toda actuación administrativa.

Data: 19 de outubro de 2023.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.

Son 100 as prazas ofertadas.

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na dirección <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 17 de outubro de 2023.

Se precisades máis información podedes solicitala a través do correo electrónico novas.egap@xunta.gal ou, no horario das 9.00 ás 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

Premendo na ligazon podes acceder a resolución completa:

Webenario Sobre Intelixencia Artificial (EGAP)


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal