
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NOS CONCURSOS DE TRASLADOS

A CIG ven de presentar un escrito no que se lle trasladou á DXX a problemática que xurde cada vez que se resolve un concurso de traslados ou se adxudican prazas de novo ingreso nos que chocan os distintos intereses entre o persoal interino, substituto ou comisionado.
Fai moito tempo que levamos insistindo na necesidade da publicación duns criterios de cesamento ante as adxudicacións de prazas a persoal titular, pero por una serie de problemas técnicos que a DXX esgrime aínda non se acometeu e tampouco se albisca que se faga nun horizonte próximo.
Por iso é preciso que se busquen alternativas de xeito inmediato para dar a maior transparencia posíbel nas adxudicacións concretas de cada praza dentro dun mesmo órgano.
Unha solución temporal sería que todo o mundo puidese comprobar que código ten a súa praza dende a OPAX. Tamén sería necesario facer públicos os criterios de asignación de códigos que fai o programa informático, se primeiro adxudica as prazas vacantes máis antigas, se despois as resultas, ...
Aínda que a solución definitiva só pasaría pola publicación dos criterios de cesamento, todas poderíamos ter coñecemento deses datos que agora non se fan públicos e habería unha maior transparencia por parte da administración.
Por outra banda, reiteramos de novo a solicitude feita fai meses sobre a necesidade de poder obter tamén dende a OPAX o número de rexistro persoal.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal