ESTABILIZACIÓN CONCURSO-OPOSICIÓN OS EXAMES DOS TRES CORPOS O MESMO DÍA

O Ministerio de Xustiza e as CCAA acordan celebrar o 2 de marzo de 2024 os exames da fase de oposición, todos os corpos o mesmo día
Venres, 20 Out 2023

OPOSICIÓNS ESTABILIZACIÓN SISTEMA DE CONCURSO OPOSICIÓN

Convocadas por Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro (BOE de 30 de decembro de 2022).

Se ben no BOE de 30 de decembro de 2022 advertíasenos de esta posibilidade no seu artigo 7.2 parágrafo segundo: "O desenvolvemento de cada un destes procesos selectivos poderá ser coincidente no tempo, en calquera das súas fases ou exercicios co desenvolvemento de outros", ninguén, a verdade, contaba con que esto fose así.

Hoxe, venres, na reunión mantida pola mañá entre o Ministerio de Xustiza e as CCAA con competencias en materia de xustiza, acordouse celebrar o Sábado 2 de marzo de 2024, en data e hora única para os tres Corpos Xerais, os exercicios da fase de oposición, establecido na Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo extraordinario para acceso pola quenda libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, polo sistema de concurso oposición.

Polo tanto, se esta decisión non muda, moitos opositores veranse na obriga de escoller a cal dos tres corpos se presentan.

De momento solo coñecemos este acordo entre Ministerio e CCAA, polo que oficialmente estamos a espera de que se publique dita resolución.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal