
ESTABLIZACIÓN CONCURSO VALORACIÓN DE MÉRITOS
Nas seguintes ligazóns podes comprobar se estas ou non admitido no proceso selectivo:
Tramitación Admitidos e Excluidos
VALORACIÓN DE MÉRITOS
Será preciso obter un mínimo de 15 puntos para ser avaliado, dun máximo de 100.
So serán avaliados os cursos de formación feitos nos últimos 10 anos e ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias, que foi o 25/01/2023.
Aqueles cursos de igual ou similar contido, soamente se avaliarán unha vez. Os de menos de 10 horas ou nos que non consten as horas, non serán avaliados.
Teranse en conta soamente aqueles exames aprobados nos últimos 10 anos, tanto da quenda libre como da promoción interna.
Valoración do coñecemento dás linguas oficiais propias dás comunidades autónomas e do dereito civil vasco, sempre co aspirante o solicitase na súa instancia, a puntuación obtida, so servirá a efectos de adxudicación de destinos na comunidade autónoma correspondente, a acreditación farase mediante a achega documental do coñecemento da lingua ou mediante a realización dun exercicio. Poderase facer de ámbalas maneiras, pero so se terá en conta a puntuación máis alta dunha dás dúas.
Nas comunidades autónomas de Navarra, Euskadi, Comunidade Valenciana, Catalunya a acreditación documental do coñecemento dá lingua será:
- Certificado de nivel B1 ou equivalente 6 puntos
- Certificado de nivel B2 ou equivalente 12 puntos
- Certificado de nivel C1 ou equivalente 18 puntos
- En Galiza: Celga 4 (6 puntos), linguaxe xurídico medio (12 puntos) e linguaxe xurídico superior (18 puntos).
Segundo a resolución do BOE, soamente teremos que achegar os méritos recollidos no parágrafo B, "historial profesional", xa que os demais A, C e D xa serán achegados de oficio pola propia administración.
O prazo para achega de méritos é de 20 días hábiles.
Para achegar os méritos deberás de facelo a través do asistente:
https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co_gta_acceso
Para rexistrarse deberás de introducir dous campos que serán obrigatorios:
1.- Número de Xustificante dá Convocatoria: código de 13 díxitos que aparece ao encher o modelo de inscripción 790.
2.- DNI (coa letra en maiúsculas)
Se precisas axuda podes apoiarte no seguinte manual:
Manual de usuario aportación de méritos
De seguido tes unha táboa resumo de como se valoran os diferentes méritos para cada corpo.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal