ESTADO DE COLAPSO NO XULGADO MIXTO DE CELANOVA

Xoves, 12 Set 2024

Por medio do presente quixeramos denunciar a situación que está a vivir o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Celanova, polo colapso de traballo ao que está sometido, levando varias materias como son Civil, Penal, Rexistro Civil, e para máis inri, as cuestión de Violencia sobre a Muller, ademais de estar de garda permanente. Este Xulgado está cuberto a día de hoxe por dous funcionari@s do Corpo de Xestión Procesual, dous do corpo de Tramitación Procesual , e tan so un do corpo de Auxilio Xudicial encargado das tarefas propias do seu traballo, tales como asistir a sala un ou dous dias por semana, citacións e notificacións, , así como o Rexistsro Civil, a día de hoxe colapsado dado que ten pendiente tan só de resolver expedientes referentes a “Memoria Histórica” un total de 610 asuntos.
Cabe sinalar que na anterior inspección levada a cabo neste xulgado no ano 2022, e baseándose no informe final desta, alegaban “que efectivamente necesitaban un reforzo” pola carga que traballo que arrastraban segundo o informe final. Baseándonos na Lei de Prevención de Riscos laborais, e nos efectos sobre a saúde, tanto física, como mental, pero tamén en como se realiza o traballo ao verse sometido a un estrés continuo, SOLICÍTASE desa Sala de Goberno e, de maneira URXENTE, DOUS REFORZOS, un do corpo de Auxilio Procesual e outro de Tramitación Procesual, sen prexuízo de que debería incrementarse de xeito definitivo o cadro de persoal actual para que quede configurado con dous xestor@s, catro tramitador@s e dous auxilios, dado que este é o cadro de persoal tipo dos xulgados mixtos da provincia que teñen encomendados, ademais dos asuntos civís e penais, violencia de xénero e os expedientes de rexistro civil.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal