
ESTADO LAMENTÁBEL DAS INSTALACIÓNS DO XULGADO DE PAZ DE PONTEDEUME

A central sindical CIG ven a denunciar o estado no que se atopa o Xulgado de Paz de Pontedeume. Os teitos do xulgado están cheos de fendas, a sala de audiencia, onde se celebran as vodas, está chea de humidades, cando chove créanse goteiras e cae a auga no medio da sala producindo grandes deterioros. O edificio no que se encontra o xulgado de paz é compartido con outro departamento do concello, o cal si foi reformado, baixando teitos, pintando..etc.
Os traballadores da Oficina Xudicial xa comunicaron en numerosas ocasións a situación na que se atopa o xulgado e o concello, competente na conservación do estado das instalacións do xulgado de paz, non fai nada ao respecto.
É por iso, que esiximos ante á Dirección Xeral de Xustiza que inste ao Concello de Pontedeume para que realice as reformas oportunas.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal