
HORARIO E CONDICIÓNS DE TRABALLO NAS OFICINAS DE REXISTRO CIVIL DAS SETE GRANDES CIDADES DE GALIZA

O horario das oficinas de Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra será ininterrompido de 9.00 a 18.00 horas de luns a venres e de 10.00 a 13.00 os sábados, especificando que a atención directa ao cidadán durante esta franxa horaria organizarase a través de quendas voluntarias e incentivadas.
A xornada nestas oficinas realizarase mediante a presenza obrigada do persoal entre as 9.00 e as 14.30 horas de luns a venres, debendo cumprir ademais sete horas e media semanais que se prestarán, en quendas, de luns a venres de 14.30 a 18.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.
O persoal funcionario dos órganos que teñan atribuídas as competencias sobre rexistro civil que, en función da distribución da quenda, realicen unha xornada de 9.00 a 18.00 horas, interromperán obrigatoriamente o seu traballo durante unha hora, entre as 14.30 horas e as 16.30 horas, para a comida. Este descanso, que non se computará como tempo de traballo, organizarase tamén en quendas, de modo que se garanta a apertura ininterrompida da oficina de 9.00 a 18.00 horas.
O número de persoal funcionario necesario para a integración das quendas voluntarias de atención da oficina do rexistro civil en horario de tarde e os sábados pola mañá, así como o número de persoal funcionario que efectivamente prestarían o servizo nos horarios especiais sería o seguinte, segundo as localidades:
No caso de non reunirse o número mínimo de integrantes das quendas entre o persoal que preste o seu servizo no órgano que teña adscrito o rexistro civil poderá ofertarse a posibilidade de integrar as devanditas quendas ao persoal funcionario que o teña solicitado segundo o modelo do Anexo desta resolución no mesmo momento no que se produza a dita vacante.
No caso de existir varias solicitudes a vacante cubrirase seguindo o seguinte orde de preferencia.
A) Ocupar un posto no rexistro civil exclusivo ou no xulgado que teña adscrito o rexistro civil da cidade en cuestión.
B) Tempo de servizos prestados no posto referido no punto 1 e no caso de empate, o escalafón.
C) Ocupar un posto nun xulgado de primeira instancia do mesmo centro de destino.
O número máximo de integrantes das quendas corresponderá co número de persoas que integren o cadro de persoal do rexistro civil exclusivo ou do xulgado de primeira instancia con competencias en rexistro civil.
O dereito de opción poderá ser expresado en calquera momento, aínda que as quendas tan só serán, no seu caso, modificadas en función das solicitudes, renuncias ou cesamentos do persoal que as integra. Nestes casos a quenda quedará configurada o primeiro día hábil do mes seguinte ao que se produza o cese ou a renuncia.
O tempo de traballo realizado de 17.00 a 18.00 horas de luns a venres computarase como dúas horas efectivas por cada hora traballada. No caso da xornada que se realiza os sábados de 10.00 ás 13.00 horas, cada hora traballada computará como dúas horas e media efectivas de traballo.
As horas traballadas fóra da franxa de presenza obrigada e que non conten cun réxime especial de compensación poderán imputarse ao horario flexible.
No caso de que a participación nas quendas voluntarias chegue a supoñer un exceso de horas traballadas sobre a xornada mensual que hai que realizar, este poderá compensarse dentro do horario flexible do mes seguinte a aquel no que se produciu o exceso e, de non ser posible, compensarase con días de permiso.
Retribución económica:
53,80 por cada xornada vespertina de luns a venres.
89,64 por cada xornada de sábado.
A acreditación da realización do horario especial nas oficinas dos rexistros civís sinaladas entenderase efectuada segundo os datos extraidos do OPAX.
Funcións que hai que desenvolver:
O persoal funcionario que pase a integrar voluntariamente as quendas para a apertura das oficinas do rexistro civil en horario especial realizarán as funcións propias do corpo da Administración de Xustiza ao que pertenzan, entre outras, as de recollida de solicitudes ou documentación, entrega de documentación preparada e información e atención ao cidadán.
O compromiso mínimo de integración das quendas será de seis meses contados a partir do momento da efectiva integración. O compromiso entenderase tacitamente prorrogado cada seis meses.
O anexo para pedir as quendas será o seguinte Solicitude Integracion Quendas Rexistro Civil
O prazo para pedilas virá regulado no DOG correspondente, ainda pendente de publicar.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal