HORARIO REXISTRO CIVIL - COMISIÓNS DE SERVIZO - SUBSTITUCIÓNS - COMPLEMENTO VSM

Martes, 02 Dec 2025

Na mesa sectorial deste 2 de decembro tamén se trataron os textos de determinadas regulamentacións relacionadas co horario especial do rexistro civil, das comisións de servizo, das substitucións e do complemento de violencia de xénero:

REXISTRO CIVIL

O novo texto facilitado pola Administración sobre o horario de disponibilidade do Rexistro Civil inclúe a seguinte cláusula:
“Esta voluntariedade queda establecida na medida que quede garantido o servizo entre as persoas da Oficina Xeral do Rexistro Civil, dado que todas as prazas da RPT destas oficinas contan con horario especial”.

É dicir, a partir de agora a realización do horario especial pode ser obrigatorio se falta o persoal mínimo. E a DX rexeitou a posibilidade de que traballadores/as doutros servizos pidan completar as quendas nese caso.
Unha vez máis, a rpt está a modificar sustancialmente as condicións de traballo sen contar co persoal do servizo. A CIG volveu denunciar que a rpt do Rexistro Civil está mal feita e esta proposta non deixa de ser unha trapallada que mestura o sistema anterior co de rpts, dando lugar a problemas innecesarios e excesos horarios, que serán xa inasumibles no momento das vacacións e permisos. Facer un horario especial non pode significar facer máis horas que o resto de traballadores/as; simplemente é un horario diferente do ordinario, coa penalización de ter que realizalo os sábados e pola tarde os días de semana.

COMPLEMENTO VSM

Outro problema derivado das malas configuracións das rpts é o cobro do complemento de VSM nas vilas, posto que a redacción proposta establece un número de persoas que poderán cobralo menor ao que ao está a facer na actualidade, limitándoo ao equipo penal coa posibilidade de incrementalo nunha persoa do corpo de auxilio. Tampouco se aceptou a proposta de aumento das contías a percibir. A CIG propuxo tamén que a percepción do complemento de VSM non estivera ligado, nas vilas máis pequenas, a estatística, entendendo que a levanza deste tipo de expedientes xa é de por si o suficientemente relevante, e así incentivar esas prazas sen que o seu complemento esté supeditado á estatística.

RESOLUCIÓNS SOBRE COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS

A DX non aceptou as principais reclamacións deste sindicato en canto aos borradores facilitados, toda vez que se segue a manter a duración mínima de un ano no posto para poder acceder a elas.
Parece que si se vai renunciar a pedir informe no caso das substitucións, tal e como solicitaramos.

No apartado de varios, a DX manifestou o seguinte:

- A semana que ven publicaranse as listaxes de traballadores/as confirmadas e reordenadas, tal e como solicitou a CIG.
- Galiza solicitou que se convocaran na OPE do 2025 un total de 26 prazas para corpo de auxilio e 34 de tramitación (ningunha para xestión), mais non sabe cantas sacará finalmente o Ministerio para esta comunidade autónoma.
- A preguntas da CIG, o Director Xeral dixo que espera abonar a suba pactada en Madrid no mes de xaneiro.
- Tamén, a petición deste sindicato, o Director Xeral comprometeuse a enviar ás Secretarías de Coordinación a listaxe de persoas confirmadas dada a súa importancia para a configuración dos equipos pola obriga de mantelas en postos de similar contido segundo o establecido na Disposición transitoria primeira do RD 1451/2005.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal