
IMPOSICIÓN POR PARTE DO DXX NA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA
No día 17/07/2024 os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial fomos convocados para pechar de maneira definitiva e, sen previa negociación, dous asuntos vitais para o persoal titular e interino:
a) Proposta de regulamento de vacacións, permisos e licenzas.
b) Bolsa que regula o chamamento de funcionarios interinos.
Ante esta situación os sindicatos, en unidade de acción, decidimos non permitir máis desprezos aos traballadores e traballadoras e esixir unha negociación real. Por iso, antes da constitución da Mesa Sectorial de hoxe, solicitamos ao Director Xeral que transformara a Mesa Sectorial (decisoria), nunha mesa de traballo para negociar os permisos e licenzas e bolsa de persoal interino, xa que as posicións entre as dúas partes son moi distantes.
Os sindicatos ofrecemos a reconversión da mesa de hoxe para que fora de mesa de traballo, ben no mesmo día ou noutro, ou ben un compromiso de que se levarían a cabo mesas de traballo e negociación en vindeiros días, manifestando o DXXustiza, que non se podía comprometer.
A pesares do ofrecemento por parte dos Sindicatos a negociar nunha mesa de traballo, o Director Xeral decidiu negar tal posibilidade, deixando como única saída levantarnos sen constituír a Mesa Sectorial.
Esperamos que o Director Xeral convoque de novo aos/as Representantes sindicais para negociar de maneira real os puntos de vital importancia para tod@s @s traballador@s da Xustiza Galega e deixe a un lado as imposicións.
A negociación colectiva é a base legal dos traballadores e traballadoras ,e polo tanto debe prevalecer en calquera ámbito laboral.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal