INFORMACIÓN PROCESOS SELECTIVOS OEP 2024

Martes, 17 Set 2024

Na Mesa Sectorial celebrada hoxe a orde do día era a negociación das bases das convocatorias dos procesos selectivos da OEP 2024. Ante a proposta do Ministerio de mudar o terceiro exame de Xestión Procesual por un caso tipo test, valorouse tamén na mesa as opcións de facer dous exames tipo test (un teórico e outro práctico) e despois un período de prácticas tuteladas ou por outra banda, mantelo como está e aumentar a dispoñibilidade dos tribunais para axilizar a corrección.
En Tramitación Procesual sobre a inclusión no temario dos contidos en informática solicitamos que se concreten máis e se fixen as versións a utilizar.

Puxemos en coñecemento do Ministerio da necesidade da revisión do temario xa que hai algunhas normas derrogadas.

Solicitamos que se manteña a reserva de nota na promoción interna para todas as opositoras, xa que no borrador que presenta o Ministerio só contempla a reserva de nota para as persoas con discapacidade.

Nas bases vai figurar que os exames dos distintos corpos van a ser o mesmo día. 

Comunícannos que contan ter en dúas semanas o reparto das prazas por ámbitos territoriais. As convocatorias teñen que estar no BOE antes de final de ano, deberían estar en novembro.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal