INFORMACIÓN SOBRE A MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO 17.06.25. NEGOCIACIÓN DAS RPT DA FASE III

Mércores, 18 Xun 2025

Durante a celebración da Mesa Sectorial de onte a CIG volveu a incidir nos aspectos básicos que xa expuxéramos en anteriores reunións.
Posicionámonos en contra das LD. A parte de ser un sistema de provisión arbitrario, a creación destas prazas detráense do cómputo total do cadro de persoal existente na actualidade. A maiores compre lembrar que o feito de ocupar unha praza en LD daríalle preferencia para obter destino definitivo nesa localidade a esa persoa unha vez cesada “no cargo”.
Entendemos que tampouco se debería abusar da creación de prazas singularizadas con cargo ao cadro de persoal actual. Defendemos que a creación destas “novas” prazas deberían facerse por nova creación. É aquí unha das consecuencias nefastas da sinatura do acordo de implantación dos Tribunais de Instancia subscrito coa DXX. Agora atopámonos con que a Xunta ten coartada e cómplices para negarse rotundamente a incrementar os cadros de persoal, crear equipos...


A creación na RPT de equipos para a CIG é un obxectivo irrenunciábel. Esta posibilidade está recollida expresamente na normativa estatal grazas ao acordo asinado pola CIG no ámbito da Mesa Sectorial de Xustiza co Ministerio. Non se pode asumir unha perda de centros de destino tan grande como implica a proposta da DXX.
Tampouco podemos aceptar unha mingua de persoal respecto dos actuais xulgados de instrución pola transformación a VSM. Tampouco nos SCNE e resto de servizos.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal