INFRADOTACIÓN DE PERSOAL NO TRIBUNAL DE INSTANCIA DE LALÍN

Mércores, 18 Feb 2026

Presentamos hoxe, 17 de febreiro un novo escrito polo que denunciamos a infradotación de persoal existente nos Tribunais de Instancia de Lalín en relación co resto de xulgados das súas mesmas características (carencia dun funcionario de auxilio) situación que xa foi posta en coñecemento desa administración con data 11 de setembro do 2023, sen que ata o de agora se adoptase unha solución efectiva, máis alá de reforzos temporais.

O actual cadro de persoal non cobre adecuadamente as necesidades reais do órgano, sendo necesario completar o mesmo conforme á estrutura prevista noutros órganos do mesmo tipo da provincia de Pontevedra. Así mesmo, a recente implantación do novo modelo organizativo incrementa as necesidades do servizo, o que fai imprescindible, ademais do Auxilio do que xa carecía estruturalmente, a dotación de dous funcionarios máis do corpo de Tramitación Procesual e Administrativa.

A falta de cobertura axeitada está a provocar unha sobrecarga de traballo evidente no persoal destinado neste tribunal. Esta situación maniféstase de maneira especialmente significativa no corpo de Auxilio Xudicial, xa que a interina que nomearon e que esta de apoio transversal levando as tarefas propias (celebración de sala, atención público, exhortos civís, elaboración correo, etc), ademais destas tarefas tamén lle encomendaron tarefas do Rexistro Civil, como son os certificados e os exhortos,

Cabe puntualizar que os exhortos do Rexistro Civil non son meramente un trámite de apoio, senon que conlevan inscripcións principais, nacementos, divorcios, separacións, etc, así como as complementarias. Funcións que segundo a lei de eficencia e a propia RPT lles corresponderían a un tramitador e a un xestor.

Esta situación está a xerar un deterioro progresivo do clima laboral, co conseguinte risco psicosocial,

Por todo o exposto, solicitamos a revisión da dotación de persoal do Tribunal de Instancia de Lalín aumentando na RPT o número de tramitadores e auxilios solicitados, sen prexuizo do nomeamento neste momento de persoal de reforzo para eses postos, tendo en conta que a cobertura das prazas necesarias para completar o cadro de persoal do cal carece dende fai anos evitaría a situación de sobrecarga e consecuentemente unha mellora no clima laboral.

Para visualizar o escrito presentado preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal