INSTRUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA SOBRE XESTIÓN DE COMPARECENCIAS APUD ACTA

Mércores, 22 Abr 2026

A Secretaría Xeral da Administración de Xustiza remitiunos a Instrución 2/2026 relativa a xestión de comparecencias apud acta e a guía rápida de uso aplicativo. 

Considerase esencial o adecuado control e seguimento das comparecencias apud acta periódicas nas que a práctica permite comprobar unha heteroxeneidade e a falta sistemática na recollida dos datos das respectivas presentacións e a súa posterior remisión ao órgano xudicial que acordou a medida. 

Para superar os métodos tradicionais de recollida manual de comparecencias apud acta, que dificultan o control e seguimento, ao tempo do cumprimento das medidas cautelares acordadas, creouse unha ferramenta, interrelacionada coa aplicación informática SIRAJ 2, que permite a anotación da comparecencia efectuada pola persoa dotando dunha maior seguridade e rapidez a súa xestión.

A funcionalidade da xestión de comparecencias apud acta no SIRAJ 2 implantarase de forma simultánea en todo o territorio do estado, sendo de uso obrigatorio para todos os órganos xudiciais desde o día da sinatura e difusión de esta instrución. 

A realización das comparecencias apud acta deberá realizarse exclusivamente nos tribunais de instancia ante "a xuíza/xuiz ou tribunal" e non ante os xulgados de paz ou oficinas de xustiza no municipio, aos efectos de control efectivo das referidas comparecencias.

Consulta a continuación a Instrución 2/26 completa:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal