
LETRADAS E LETRADOS BOLSA DE TRABALLO, CONCURSO DE TRASLADOS E MODIFICACIÓN REGULAMENTO ORGÁNICO

BOLSAS DE TRABALLO DE LETRADOS E LETRADAS SUBSTITUTOS
Está previsto que se publique no Boletín Oficial do Estado, o día 7 de febreiro, a Resolución da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das persoas seleccionadas para constituír as bolsas de traballo de Letradas substitutas e Letrados substitutos da Administración de Xustiza.
Na formación da bolsa valoráronse as alegacións comunicadas polos sindicatos en relación á existencia dun significativo número de instancias que non figuraban en estado finalizado no asistente de inscrición, e á inclusión de instancias correspondentes ao persoal funcionario en prácticas do Corpo de Letrados e Letradas da Administración de Xustiza. Respecto da primeira alegación, non se constatou a existencia de erros técnicos no asistente que impedisen a correcta recepción da solicitude das persoas interesadas, polo que non procede a modificación de oficio das listaxes provisionais. En canto a inclusión de Letrados e Letradas en prácticas, a pesar da alta certeza da superación do curso selectivo que se atopan realizando, considérase que en tanto non se produza o seu nomeamento efectivo como persoal funcionario de carreira do Corpo de Letrados e Letradas non concorre motivos para excluílos das bolsas en que fosen designados.
CONCURSO DE TRASLADOS
Está previsto tamén que o día 8 de febreiro, saia a publicación da resolución do concurso de traslados do Corpo de LAJS, para que os chamamentos ás vacantes que se produzan correspondan á nova bolsa.
MODIFICACIÓN REGULAMENTO ORGÁNICO
O Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes iniciou a tramitación do Proxecto de Real Decreto polo que se modifican o Real Decreto 1608/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais; o Real Decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Ingreso, Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional do Persoal Funcionario ao Servizo da Administración de Xustiza; o Real Decreto 769/1987, do 19 de xuño, sobre regulación da Policía Xudicial; e o Real Decreto 1184/2006, do 13 de outubro, polo que se regula a estrutura, composición e funcións da Comisión Nacional de Estatística Xudicial.
En datas próximas convocarase a mesa correspondente para iniciar a negociación sindical da norma, cuxo texto e memoria xa se pode consultar na seguinte ligazón:
https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/normas-tramitacion
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal