LETRADAS E LETRADOS SUBSTITUTOS LISTAXE DEFINITIVO DE PERSOAS SELECCIONADAS

Publicado no BOE de 7 de febreiro de 2024
Mércores, 07 Feb 2024

Resolución do 22 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas de persoas seleccionadas para constituír as bolsas de traballo de Letradas substitutas e Letrados substitutos da Administración de Xustiza.

A Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, resolveu: aprobar as listaxes definitivas de persoas seleccionadas, ordenadas de maior a menor puntuación, así como as cotas de reserva, segundo o número de prazas fixadas na convocatoria citada e publicalas como anexos a esta resolución.

De conformidade co establecido no artigo 137.2 do Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais, as persoas seleccionadas pertencentes ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, en servizo activo, que formen parte da Bolsa, serán obxecto de chamamento con preferencia fronte aos demais integrantes das bolsas.

Os chamamentos efectuaranse:

– En primeiro lugar, a quen acredite maior experiencia realizando labores de substitución do Corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza.

– En segundo lugar, entre quen acredite igual experiencia ou en defecto dela, a quen aprobase máis exercicios de acceso ao Corpo.

– En terceiro lugar, por antigüidade de servizos prestados.

No caso de que fosen necesarios chamamentos adicionais, poderase chamar a aqueles que, acreditando os requisitos para formar parte da bolsa e manifesten o seu interese, reúnan algún ou algúns dos dous primeiros méritos. A igualdade de méritos ou na súa falla, tomarase en consideración a experiencia realizando labores de substitución nas carreiras xudicial ou fiscal.

Para ver a resolución completa  PREME AQUÍ


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal