
LETRADAS/OS CONCURSO DE TRASLADOS
Resolución publicada no BOE de 9 de marzo

Orde PJC/217/2024, do 20 de febreiro, pola que se convoca concurso de traslado para a provisión de postos de traballo para o Corpo de Letrados e Letradas da Administración de Xustiza.
Poderán tomar parte neste concurso as letradas e os letrados da Administración de Xustiza que pertenzan ás categorías primeira, segunda e terceira do Corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza, sempre que reúnan as condicións xerais esixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria, na data en que termine o prazo de presentación de solicitudes de participación.
Para poder concursar deberá transcorrer un período mínimo de dous anos a contar desde a data da resolución pola que se convocou o concurso de traslado no que obtivo o seu último destino definitivo desde o que participa, ou desde a data de resolución na que se lle adxudicou o destino definitivo, se se trata de funcionarias e funcionarios de novo ingreso. Quen non teñan destino definitivo, obrigados a participar nos concursos dacordo coa normativa vixente, están excluídos desta limitación temporal.
Non poderán tomar parte no concurso:
a) Quen se atope en situación firme de suspensión, mentres dure esta.
b) Quen se atope en situación de excedencia voluntaria por interese particular, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na devandita situación.
c) Quen se atope sancionada/o con traslado forzoso fora do municipio de destino ata que transcorran os prazos dun ou tres anos aos ao que se refire o artigo 538 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
b) Quen se atope en situación de excedencia voluntaria por interese particular, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na devandita situación.
c) Quen se atope sancionada/o con traslado forzoso fora do municipio de destino ata que transcorran os prazos dun ou tres anos aos ao que se refire o artigo 538 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
A solicitude de inscripción deberá facerse por medios telemáticos a través o Punto de Acceso Xeral da Administración de Xustiza http://www.administraciondejusticia.gob.es/ (Área Privada - Escritorio de traballo - Aplicación AINO@).
O prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles a partir do día seguinte o da publicación no BOE.
Para ver a resolución completa PREME AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal