LETRADOS/AS PROVISIÓN DE POSTOS LIBRE DESIGNACIÓN

Orde JUS/1124/2023 de 3 de outubro (BOE 16/10/2023)
Luns, 16 Out 2023

Orde JUS/1124/2023, do 3 de outubro, pola que se convoca a provisión de postos de traballo polo sistema de libre designación.

De conformidade co establecido nos artigos 119 a 125 do Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais, aprobado por Real Decreto 1608/2005 do 30 de decembro, anúnciase a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo cuxa descrición se especifica no anexo da presente convocatoria.

Os postos de traballo que se convocan poderán ser solicitados polo persoal funcionario pertencente ao Corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza da categoría primeira, segunda e terceira, que se atopen en situación de servizo activo ou en calquera outras que comporten a reserva do posto de traballo, no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Non poderán tomar parte neste concurso:

a) Quen se atope en situación de excedencia voluntaria sen reserva de praza.

b) Quenes se atopen sancionadas/os con traslado forzoso fora do municipio de destino ata que transcorran os prazos dun ou tres anos aos que se refire o artigo 538 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

c) Non poderán participar as Secretarias e os Secretarios de Goberno e as Secretarias e os Secretarios Coordinadores a os efectos do disposto na Disposición transitoria Cuarta da Lei Orgánica 7/2015, do 21 de xullo, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial.

d) Quenes esteñan declaradas/os suspensos en firme, mentres dure a suspensión.

Presentación de solicitudes:
 
As letradas e letrados da Administración de Xustiza que participen na presente convocatoria, cubrirán a súa solicitude, con carácter obrigatorio por medios telemáticos a través do asistente de inscrición, ao que poderán acceder desde a área privada de letradas e letrados da Administración de Xustiza, accesible a través do Punto de Acceso Xeral da Administración de Xustiza www.administraciondejusticia.gob.es, (Área Privada-Escritorio de traballo-Aplicación AINO@), cubrindo todos os apartados que se lle esixan.
 
Para ver a resolución completa podes premer na seguinte ligazón:
 

Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal