LETRADOS E LETRADAS RECOÑECEMENTO DO MÉRITO PREFERENTE PARA CONCURSO DE TRASLADOS POLO COÑECEMENTO DA LINGUA OFICIAL E DEREITO PROPIO

Resolución de 8 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral para a Innovación e a Calidade do Servizo Público de Xustiza
Sábado, 24 Feb 2024

Resolución do 8 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, pola que se resolven solicitudes de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza sobre recoñecemento do mérito preferente do coñecemento oral e escrito da lingua oficial e do dereito propio de determinadas comunidades autónomas, a efectos de concursos de traslados.

A Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza , entre outras cousas, resolveu o seguinte:
 
Primeiro.
Aprobar as propostas en relación coas solicitudes presentadas por membros do Corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza nas que interesan se lles recoñeza o mérito do coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia de determinadas comunidades autónomas, o que supon un recoñecemento aos sós efectos de concursos de traslados dunha puntuación máxima equivalente a tres anos de antigüidade, segundo o nivel de coñecemento, valorándose da seguinte maneira:
Nivel elemental: Un ano.
Nivel medio: Dous anos.
Nivel superior: Tres anos.
 
Segundo.
Aprobar as propostas en relación coas solicitudes presentadas por membros do Corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza nas que interesan se lles recoñeza o mérito do coñecemento do Dereito propio de determinadas comunidades autónomas, o que supon un recoñecemento aos sós efectos de concursos de traslados dunha puntación equivalente a un ano de antigüidade.
 
Para ver a resolución completa  PREME AQUÍ

Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal