LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS/AS CELGA 2, 3 E 4 E DATAS E LUGARES DE CELEBRACIÓN

Xoves, 30 Out 2025

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 23 de novembro de 2025

Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 2

Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 22 de novembro de 2025

Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 3

Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas dos días 15 e 16 de novembro de 2025

Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 4

Datas de realización das probas

Celga 4 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

15 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: F, G,H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q.

16 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E.

Celga 3 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

22 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

Celga 2 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

23 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

Lugares de realización das probas

Santiago de Compostela

IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10

Ponferrada

EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n

Madrid

Casa de Galicia en Madrid, rúa Casado del Alisal, 8

Horario de realización das probas

As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

Proba escrita

Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponderá a cada persoa.

Proba oral

A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra F, agás o día 16 de novembro que se comezará pola letra R. A proba poderá prolongarse até a tarde.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal